

| 66-MARTIN CODAX (Dias das Letras Galegas - 1998) |
05/05/09 |
Meendinho,
Johám de Cangas e Martin Codax
Estes tres poetas representan a extraordinaria eclosión de creatividade que
estourou en Galicia, e en galego, no período trobadoresco.
Joham de Cangas, Meendinho e Martin Codax aparecen nun
período da nosa historia no que a lingua, considerada habitualmente como
galego-portugués, agromaba interna e externamente coa consolidación do seu
léxico primeiro. Nel influíron empréstimos de procedencia galo-románica e
condicionantes históricos como as primeiras peregrinaxes a Compostela.
A etiqueta de galego-portugués, no noso caso, ten un dobre sentido: por un lado
designa o conxunto de falares da faixa occidental da Iberia na súa etapa
medieval Noutro, máis específico, designa a koiné literaria na que se expresan
os poetas da nosa tradición trobadoresca.
Os expertos consideran que entre finais do século XII e comezos do XV Galicia
estaba inserida na cultura do occidente e era núcleo dun poder político que
abranguía as actuais Castela, León e Estremadura. Neste territorio a nosa era
unha lingua de cultura, de manifestacións artísticas que, como as dos nosos
trobadores, beberon das súas fontes populares para, logo de seren traballadas,
percorre-las cortes e os pazos.
A obra destes nosos cantores forma parte dun conxunto de 1679 textos profanos
plasmados en tres grandes cancioneiros manuscritos -cancioneiro da Ajuda, da
Biblioteca Nacional de Lisboa e da Vaticana-. Tamén en manuscritos soltos -Pergameu
Vindel- e 427 cantigas relixiosas, as chamadas marianas.
Os xograis, segreis e trobadores non divertían os homes, definición que, nunha
sociedade eminentemente feudal como aquela, determina ás claras a función dos
participantes no xogo poético. Moi pouco sabemos de Joham de Cangas, Meendinho e
Martin Codax e son moi poucas as pezas literarias que poden atribuírselles. Do
primeiro deles conservamos tres cantigas de amigo, mentres que só unha de
Meendinho fronte ás sete de Martin Codax, todas elas co mundo poético de Vigo e
os seus moi distintos lugares.
http://manuellugris.17demaio.org/diasdasletras/ano.php?txt=ano_1998
Cantigas de amigo
Ai ondas que eu vin veer
Ai ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo
sen mí?
Ai ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo
sen mí?
Martin Codax
Biblioteca Virtual Galega
Cantiga de amigo
Sedia-m'eu na ermida de San Simión
Sedia-m'eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Meendinho
Biblioteca Virtual Galega
Cantigas de amigo
Amigo, se mi gran ben queredes
Amigo, se mi gran ben queredes,
id'a San Mamed'e veer-m'-edes:
hoje non mi mençades, amigo.
Pois mi aquí ren non podedes dizer,
id'u hajades comigo lezer:
hoje non mi mençades, amigo.
Serei vosqu'en San Mamede do Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar:
hoje non mi mençades, amigo.
Biblioteca Virtual Galega