

| 64- LUIS SEOANE (Dias das Letras Galegas - 1994) |
05/05/09 |
Luís
Seoane
Representante da nosa literatura no exilio, Seoane compaxinou o seu labor de
poeta e prosista comprometido coa produción plástica que lle depararía
importante sona.
Luís Seoane López naceu en 1910 en Bos Aires. Xa en Galicia,
estuda Bacharelato e Dereito en Compostela. Nesta cidade mergúllase no ambiente
das Irmandades da Fala e da Xeración Nós e entra en contacto cos novos
escritores vencellados ás vangardas. Así, perfila a súa vocación artística e a
súa ideoloxía. Un galeguismo de esquerdas que o levará a militar na Federación
Universitaria Escolar e no Partido Galeguista.
Coa guerra civil exíliase a Bos Aires, onde se convirte nun dos piares do
movemento cultural galego. Simultanea os seus traballos pictóricos coa dirección
da revista Galicia. Nesta época pon en marcha varios proxectos editoriais co fin
de manter vivo o galeguismo e o discurso cultural galego, facendo dende
Arxentina o que en Galicia estaba prohibido: prensa galeguista, publicación de
novos títulos, exposicións... Estivo ademais á fronte da revista Galicia
Emigrante -1954/59-, que anos despois se convertería en programa radiofónico.
Nos anos cincuenta está xa consolidado como artista plástico cunha produción de
gravados, litografías, óleos, murais e mesmo cerámicas. Neste punto, decide
iniciarse na literatura, ao considerar que é un medio máis axeitado para
espallar o seus ideais políticos, facéndoos accesibles para as clases populares.
O seu primeiro libro é Tres hojas de ruda y un ajo verde -1948-. Xunto con O
Cristo da Montaña -1954-, serán as súas únicas pezas narrativas. Publica os
poemarios Fardel de eisilado -1952-, Na brétema, Sant-Iago -1956- e Cicatrices
-1959-, nos que predomina a función didáctica e a reapropiación da memoria común
con temas como a emigración, o exilio e a morriña. Tamén edita pezas teatrais -La
soldadera, 1957, El irlandés astrólogo, 1959-. A súa andaina literaria culmina
en 1972 co poemario A maior abondamento, que contribuirá aos inicios da corrente
socialrealista en galego.
En 1963 volve a Galicia e incorpórase de maneira activa ao movemento de
reactivación da nosa cultura. Así, participou no nacemento do Laboratorio de
Formas de Galicia xunto con Isaac Díaz Pardo. Seoane falece na Coruña en 1979.
http://manuellugris.17demaio.org/diasdasletras/ano.php?txt=ano_1994
Obra pictórica
Sua obra como artista gráfico foi importantíssima: gravador, desenhista,
pintor... Luís Seoane é um dos maiores plásticos galegos, o mais completo e
conhecido. Sua obra pictórica reflete esse amor a Galiza e sua ânsia por
recuperar paisagens, símbolos e personagens galegos para fazê-los universais. De
tendência expressionista e próxima à abstração, sua obra foi exposta em Buenos
Aires, Montevidéu, Londres, Nova York, Veneza, México, Bruxelas, Hamburgo...
Obra escrita
Obra em galego
Poesia
Fardel d'eisilado (Buenos Aires, Ediciós Anxel Casal, 1952)
Na brétema, Sant-Yago (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1956)
As cicatrices (Buenos Aires, Editorial Citania, 1959)
Narração
Tres follas de ruda e un allo verde (inédito). Publicado em tradução castelhana:
Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948)
Teatro
A soldadeira (inédita). Publicada em tradução castelhana: La soldadera (Buenos
Aires, Editorial Ariadna, 1957)
Ensaio
Eiroa (Vigo, Galaxia, 1957)
Castelao artista (Buenos Aires, Alborada, 1969)
Gravados e desenhos com textos literários
Homaxe a un paxaro (Corunha, Ediciós do Castro, 1969)
Retratos de esguello (Corunha, Ediciós do Castro, 1968)
O meco (Corunha, Ediciós do Castro, 1963)
O conde asesino de Sobrado (Corunha-Buenos Aires, Ediciós Cuco-Rei, 1971)
Comunicacións mesturadas (Vigo, Galaxia, 1973)
Obra em castelhano
13 Estampas de la traición, Buenos Aires, edição de autor, (1937)
Homenaje a la Torre de Hércules, (1945)
http://pt.wikipedia.org/wiki/Lu%C3%ADs_Seoane