

|
47- Xosé María Manteiga |
02/05/09 |

Xosé María Manteiga
Nació en San Esteban del Campo (Arzúa) Provincia de la
Coruña.
Cuando era joven viajó con su familia desde Galicia, para quedarse en la
Argentina.
Escribió la obra "Cartas den Emigrante",en Buenos Aires y la primera edición se
editó en 1996, en lengua gallega.
Después de su nueva publicación en 1996, del periódico Correo de Galicia,
participó desde las primeras ediciones como redactor y corresponsal en Buenos
Aires.
Presentó en 1998 en Galicia (Arzúa) el pregón "da Festa do Queixo"; invitado por
el Gobierno local del Consello de Arzúa (La Coruña), y con la presencia en este
acto, del señor Presidente de la Xunta de Galicia y conselleiros del poder
ejecutivo, que se hicieron presentes por la importancia social y cultural del
evento.
En el 1999, en el último Año Santo de Compostela del siglo
XX, como le gusta decir a su autor, editó "Conociendo a Galicia", una excelente
referencia y compendio de sus lugares y su historia.
"En el último Año Santo del Siglo XX, se pudo cumplir con el deseo de publicar
esta obra, lograda con el alto esfuerzo y un arduo interés de investigación, que
sus resultados hicieron posible cumplir con la realización del presente texto.
Es un enorme placer, poder presentar esta obra al público, y se hace con toda
humildad, y con el cariño que se siente por la tierra gallega y su gente, pero
con el orgullo y entusiasmo de poder difundir datos importantes que reflejan
parte de la cultura gallega que se conservó, durante el pasar de los siglos.
Se ha querido con ello conseguir, que si no conoces a Galicia, pero la amas, que
puedas buscar en este texto, los secretos que conservan su belleza y su
historia.
Si ya la conoces, alegrate y deléitate leyendo sus costumbres, sus leyendas.
También la información de sus monumentos, sus santuarios; la vida y belleza de
sus villas y ciudades.
Pero si en realidad no amas a Galicia, ni a sus tradiciones, sus monumentos, sus
leyendas; no te preocupes, porque nunca la podrás conocer como es"
(Cartas dun emigrante)
Saír da Terra
por Xosé M. Manteiga
Na mocedade de Matías, vivía nunha aldea dentro da súa Galicia, tivo que caer
dentro da necesidade da emigración. Como escribía Varela Buxán no seu libro,
diciendo: "Galicia convirtíuse nun viveiro de musculatura humana para servicios
dos alleos"; os que naceran nela vianse obrigados a deixa-la fermosura da súa
campiña, as limpas augas dos seus ríos, o verdor dos seus prados, os vales,
montañas e séculos de cultura onde aniñaban os que nacían nela. Matías, cando
saíu de Galicia fixo algo, que non era nada distinto do que facían moitos mozos
e mozas dos seus anos neses tempos, que por séculos, era unha necesidade a
emigración. Xa se tiña feito desas situacións unha cultura que non calaba
demasiado nos que tiñan que irse, nin tampoco nos integrantes das familias que
se quedaban, pero ninguén saía do seu lar sen te-la intención de voltar e seguro
seguir vivindo nel con máis comodidades.
Moitos dos que coñecía Matías, voltaran como triunfadores, podendo cambia-lo seu
estándar económico e ise era un bo exemplo que lle daba moito ánimo no
emprendemento que se propoñía.
As decisións de Matías foi saír para América, coma moitos outros desos tempos,
pero debaixo da súa testa levaba escrito unha data de retorno, coa securidade de
que se cumpriría, pero a vida ten moitas voltas e non sempre as cousas se dan da
mesma maneira.
Os anos foron pasando: toda-las mañás cando vía aluma-lo sol se acordába do
arume dos pinos, do cantar do cuco na castiñeira de seus país, do verdor dos
prados; pensaba no mundo que o vira medrar, que el tiña no fondo do seu sentir,
e saíanlle as bágoas por non poder cumpri-los seus pensamentos de cando saíra do
seu lar.
Pasaron algúns anos máis, e Matías casouse con Sara, unha moi boa e fermosa
muller. Despois pensou que o seu lar tiña que estar no lugar onde el estaba
vivindo; isa era unha resignación, pero moitas mañás seguía bagoando polo seu
sitio que lle quedara nun tallo na borralleira da súa casa en Galicia, onde se
sentaba pola noites depenando as castañas que, no fondo da súa alma, esa era a
súa casa, o lugar no que quixera estar e que a vida lle estába negando.
Despois de darlle tres fillos a Matías, vivíu moi ben con eles, quería
ensinarlles todo iso que sentía pola súa patria, as ganas de voltar, cousa que
non podía cumprir, xa os seus fillos eran doutro sitio e tiñan outras intencións
para quedarse, onde estaban: non tiñan necesidade de emigrar, senón serían
emigrantes coma seu pai e se repetirían as mesmas mágoas. Os anos seguían
correndo, pero Matías non deixaba de estraña-lo seu sitio de nacemento, nin de
pensar nos amigos que tiña do outro lado do charco e que nunca máis os puidera
ver, para matar isas faltas. Escribíalles cotío unha carta contándolle o que
podía da súa vida, dos seus sentimentos, que como se acordaba tanto da súa terra
as malas linguas chegaron a dicir que as súas cousas na América non andaba moi
ben. Non era así, o único que lle faltaba era o arume dos pinos de Galicia, e
sentilo canto do cuco, canta-la paspallá no trigo e todas isas cousas do lugar
onde medrara de rapaz.
Os primeiros desenganos do seu regreso , xa lle viñeran cando os seus fillos lle
dixeran que eles estaban no seu país, onde tiñan os seus amigos, non querían
corre-las mesmas mágoas de seus pais.
Co esforzo do traballo de seu pai fixéralle para vivir un bo pasar que non tiñan
necesidade de emigrar: iso curaba unha enfermedade sin cura-la outra que vivíu
seu pai, pero xa non tiña xulgamento as cousas estaban así, e o mundo seguía
correndo.
O segundo desengano enpezou a sentilo cando nas cartas que recibía de Galicia
lle anunciaban que moitos dos seus amigos que xa era vellos morreran, xa o seu
vínculo que lle mandaba recordos e esperanzas de voltar a velos estábaselle
cerrando, pero o seu desexo de poder voltar á súa terra era irresistible.
Seguiron pasando os anos, xa os seus fillos estaban nunha boa posición económica,
eran profesionaís con carreiras universitarias e doíalles moito velo seu pai sin
que poidera senti-la ledicia de coñece-los cambios da súa terra, un pouco un
remordemento que lles estaba calando no fondo da súa conciencia por ter recibido
tanto de seu pai: cartos, estudios e sen que lle deran nada a cambio, eles,
recibiran unha boa cultura e seu pai non tivera a ledicia de poder voltar a
ve-la súa aldea, imaxe que soñara con ela toda a súa vida.
Era o día do santo de Matías: Sara, a súa muller sempre fora moi boa cociñeira
estaban festexandolle o seu santo comendo unha sabrosa "paella", con mariscos
das rías de Galicia, envasados nunha fábrica de Vigo para que todo fora o máis
galego posible no festexo, aínda non acabaran de comer, un dos fillos lle fíxo
un ofrecemento de axudalo a seu pai para que viaxara a súa Galicia.
Pensou que Matías durante moitos anos, que criou os fillos e non puidera voltar
á súa amada terra, nestes momentos xa todos estaban casados, non tiñan
impedimentos que o aturaran para que non puidera víaxar como ata isa data, podía
cumprirse o seu desexo que tivo dende que chegara como emigrante por necesidade,
deixando tras del o que máis quería, morriña que nunca puido deixar.
Xoán o seu fillo, lle díxo: vostedes non foron máis a Galicia porque nos criaron
a nós, agora chegou o momento para que se cumpran os vosos desexos de voltar a
visita-la vosa terra.
Este fillo non entendía como é o tamaño do corazón dun emigrante; pois ten que
medrar moito para poder meter dentro del dúas pátrias, unha a que o víu nacer, e
outra onde que críou os seus fillos que foron o motivo de seguir vivindo nela. E
contestoulle dunha maneira que nin o imaxinaba ninguén.
Dixolle moi amodiño e se mirarlle a cara: non meu fillo, non, .....este non é o
tempo en que podo voltar a miña terra, cando saín pola primeira vez; eu era como
un pouco deses croios brancos da terra galega con figura de home rexo e duros
coma unha pedra das que non gasta o tempo que saía para marcharme e saudaba a
todo-los que me coñecían, os meus amigos dicindolle ata a volta. Estaba seguro
que se cumpriría, agora non é así. Xa non son máis esa pedra.
Se volto a Galicia, despedila é un adeus, para nunca máis voltar a vela, nin a
ela, nin a nigún dos da miña terra. Desa maneira sería como despedirse dun morto
que non voltas a velo máis. Non quero que me despidan como a un morto na miña
terra, nin despedirme dela como dunha morta. Toda-las cousas que se queren ben,
tes que segui-las imaxinando vivas, non marren nunca, isa é a miña Galicia é a
miña alma, e imos xuntos para o ceo, os meus osos únense a túa terra facendo
unha soa cousa, porque nela queda o sangue das miñas veas correndo polas túas, e
debaixo destas pedras quedan gardadas as miñas bágoas, as miñas ilusións que non
tiveron destino, e viaxando polos seus camiños corren os meus fillos, os meus
netos que fixeron medrar estas terras en amor, na cultura. Iso é o orgullo que
trouxen de Galicia e que tamén levo, se non foi moito o que fixen foi todo canto
puiden.
Matías non puido voltar a Galicia, pero fixo unha Galicia onde estaba; viaxou
con ela para o ceo e seguirán vivindo xuntos. Detrás del deixou todas as
ensiñanzas de amor pola súa terra e o orgullo dos seus paisanos.
www.galespa.com.ar