

| 25- Manuel Rivas |
30/04/09 |
Manolo
Rivas
Naceu o 26 de outubro de 1957 no barrio coruñés de
Montealto. Estudou no IES Monelos.
Comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no
El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros
artigos remóntanse á década dos anos 70.
Foi e é colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois El
País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario
de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha
sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura
do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural
Luzes de Galiza.
Maneul Rivas presentando dous librosNa actualidade mantén unha columna semanal
no xornal El País, onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas
intervencións en medios de comunicacións audiovisuais.
No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético
Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en
1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se
revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho
e mal dizer foi galardonado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro
dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador
e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional
de Narrativa por ¿Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en
lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un
millón de vacas.
Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios.
Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega
contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa
cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa
prolífica carreira como xornalista. A súa obra literaria está escrita
orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego
con máis proxección internacional, estando a súa obra traducida a vinte idiomas,
entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés,
holandés, croata e xaponés
Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das
bolboretas dirixida por José Luis Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por
Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia
Española do Cine.
Foi membro fundador de Greenpeace, polo que non resulta estraño o seu grao de
implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas
costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca máis ou más
recentemente coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.
Está casado con María Isabel López e Mariño e ten dous fillos, un home e unha
muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.
Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.
Obra
Poesía
Libro de Entroido. (1980). Edicións do Rueiro. Premio O Facho.
Anisia e outras sombras en colaboración con Xavier Seoane. (1981). Edicións
Xerais. ISBN 84-8302-039-4.
Balada nas praias do Oeste. (1985). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-86021-23-5.
Mohicania (1986). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-852-203-42.
Ningún cisne (1989). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-7824-046-2. Premio
Leliadoura 1989.
Costa da morte blues. (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-895-8.
O pobo da noite, antoloxía; cun CD de poemas recitados polo autor. (1996).
Edicións Xerais. ISBN 84-830-203-94.
Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003) (2003). Edicións Espiral
Maior. ISBN 84-95625-85-7.
El pueblo de la noche y mohicania revisitada. (2004). Editorial Suma de Letras,
S.L.. ISBN 978-84-663-1179-3.
A desaparición da neve. 2009. Alfaguara. ISBN 978-84-204-2236-7.
Narrativa
Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña e Portugal. O
número galego inspirou o título de Un millón de vacas.Todo ben. (1985). Col.
Xabarín, 15. Edicións Xerais. ISBN 84-7507-206-2.
Un millón de vacas (1989). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-658-9. Premio da
Crítica Española 1989, Finalista do Premio Nacional de Literatura.
O león de catro ventos, relato publicado no volume Contos eróticos / eles.
(1990). Edicións Xerais. ISBN 84-206-2862-X.
O último rei dos galegos, relato publicado na colección Contos do Castromil.
(1990). Editado por Castromil, D.L. Clasif. Cdu 869.9-34"19".
Os comedores de patacas. (1991). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-122-X.
En salvaxe compaña (1994). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-769-2. Premio da
Crítica de Galicia (creación) 1994.
¿Que me queres, amor?. (1995). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-027-6. Premio
Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996.
Bala perdida, novela xuvenil con ilustracións de Miguelanxo Prado. (1997).
Editorial Obradoiro Santillana. ISBN 9788482245478.
O lapis do carpinteiro. (1998). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-261-3. Premio da
Crítica Española 1998, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1999 e Premio da
Asociación de Escritores en Lingua Galega no ano 1999, Premio literario 50
Aniversario da Sección Belga de Amnistía Internacional no ano 2001.
A Deusa Atlántica. (1999). Editorial: Concello da Coruña. ISBN 84-86836-80-8.
Ela, maldita alma. (1999). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-283-X.
El secreto de la tierra, recompilación en castelán dos relatos incluídos nas
obras Un millón de vacas e Os comedores de patacas. (1999). Editorial Alfaguara,
S.A. ISBN 84-2047-857-1.
A man dos paíños. (2000). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-591-4.
La mano del emigrante. (2001), tradución feita por Manuel Rivas da obra A man
dos paíños, inclúe a diferenza da versión galega un audiolibro: La lengua de las
mariposas y otros relatos. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-204-4257-7.
As chamadas perdidas. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-811-5.
Contos de Nadal, con ilustracións de Miguelanxo Prado (2003). Edicións Xerais.
ISBN 84-9782-083-5.
Nosotros dos. (2003).
Cuentos de un invierno. (2005). Editorial Alfaguara, S.A. Serie Roxa. ISBN
978-84-204-6905-8.
Os libros arden mal. (2006). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-461-X. Premio Antón
Losada Diéguez de Creación 2007, Premio da Crítica de Galicia (creación) 2007,
Premio da Crítica Española 2006, Premio Cálamo 2006, VII Premio Libro del Año
2006 (outorgado polo gremio de libreiros de Madrid), Premios 2006 da Asociación
de Editores ao mellor autor e á mellor obra (Premio Xosé María Álvarez Blázquez
ao autor do ano e Premio Ánxel Casal ao libro do ano respectivamente), XVI
Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro
galego do ano 2006, Premio da Asociación Galega de Escritores 2007.
En salvaxe compaña. 2008. Edicións Xerais.
Teatro
O heroe. (2005). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-371-0; estreada en Ourense, no
ano 2005 por Sarabela Teatro.
Artigos e ensaios literarios
Adicatoria de Manuel RivasOs Partidos Políticos na Galiza, xunto con Xoán
Ignacio Taibo Arias. (1977). Edicións do Rueiro.
Informe dunha frustración : as claves do proceso estatutario galego, xunto a
Xosé A. Gaciño Barral. (1980). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84852-202-81.
Galicia, el bonsái atlántico. (1989). Editorial Aguilar. ISBN 84-03-59052-0.
No mellor país do mundo. (1991). Editorial Biblioteca Gallega. ISBN
978-84-85287-82-6.
Toxos e flores. (1992). (1999 Edic. Aumentada). Edicións Xerais. ISBN
84-8302-349-0. Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia)
1991
Informe da comunicación en Galicia, xunto con Xosé López García. (1993). Editado
polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-81-4.
El periodismo es un cuento. (1997). Editorial Alfaguara. ISBN 84-20479-071.
A comunicación en Galicia, 1998 : sobre o hipersector da comunicación , xunto a
Xosé López García e Xurxo Andrés Lobato Sánchez. (1998). Editado polo Consello
da Cultura Galega. ISBN 84-87172-36-9.
Galicia, Galicia. (1999). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-470-5.
Muller no baño. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-924-3.
Unha espía no reino de Galicia. (2004). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-193-9.
Os Grouchos. (2008). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-850-5.
A corpo aberto. (2008). Xerais. ISBN 978-84-9782-929-8.
Outros
Galicia, el país soñado. (1991). Textos de Rivas e de Torrente Ballester para
fotografías de Xurxo Lobato. Editorial Lunwerg. ISBN 9788477821755.
Tempos que hai neste tempo. (1995). Textos de Rivas e de Christian Caujoulle
para fotografías de Manuel Sendón. Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN
84-87172-93-8.
A Coruña y rías altas, xunto a Enrique Posse. (1997). Editorial Anaya Touring
Club. ISBN 8497760549.
Rías Altas, xunto a Enrique Posse. (1999). Editorial Anaya Touring Club. ISBN
8481656631.
Imaxes líquidas, xunto a Aurora García García. (1999). Editado polo Concello de
Coruña. ISBN 84-86836-99-9.
Compostela, vanguardia y sosiego, xunto a Xerardo Estévez Fernández e Xurxo
Lobato (2000). Editorial Lunwerg. ISBN 8477826501.
Arte y palabra por la paz en Palestina. (2002).
Participación en Obras Colectivas
Relato contemporáneo 1: Outros/as autores/as: Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío
Xohán Cabana, Suso de Toro, Bernardino Graña, Fran Alonso, Xosé Cid Cabido e
Xosé Miranda. (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-856-4.
Contos da Xustiza: Outros/as autores/as: Henrique Monteagudo, Xavier Alcalá,
Darío Xohán Cabana, Carlos Casares, Alfredo Conde, Paco Martín, David Otero,
Xesús Rábade Paredes, Suso de Toro, Xoán Xosé Barreiro Prado, Daniel García
Ramos, Victorino Gutierrez Aller, Xoaquín Monteagudo, Benito Montero Prego,
Orencio Pérez González e Carlos Varela García. (1991). Editorial Ir Indo. ISBN
84-7680-068-1.
Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000: Outros/as autores/as: Xosé
María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Antón Avilés de Taramancos,
Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña,
Xulio L. Valcárcel, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Pilar Pallarés,
Chus Pato, Luz Pozo Garza, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Romaní, Xavier Seoane.
Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional): Outros/as
autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Francisco Xosé Fernández Naval, Bieito
Iglesias, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, María Xosé Queizán, Suso de
Toro, Xavier Queipo. (1996). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-034-9.
De amor e desamor: Outros/as autores/as: Lino Braxe, Miguel Anxo Fernán-Vello,
Xulio L. Valcárcel, Miguel A. Mato Fondo, Xosé María Monterroso Devesa, Pilar
Pallarés, Xavier Seoane, Lois Pereiro e Francisco Salinas Portugal. (1984).
Ediciós do Castro.
De amor e desamor II.[3] (1985). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-237-2.
III Festival da Poesía no Condado: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez
Cáccamo, Manuel María, Bernardino Graña, Margarita Ledo, Xosé Luís Méndez Ferrín,
Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias, Víctor
Vaqueiro, Xosé Vázquez Pintor.
IV Festival da Poesía no Condado[4]
IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética: [5]
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (obra colectiva).
Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I): Outros/as autores/as: Xavier Alcalá,
Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Miguel Anxo
Fernán-Vello, Víctor F. Freixanes, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Camilo
Gonsar, Luís González Tosar, Xulio L. Valcárcel, Paco Martín, Xosé Luís Méndez
Ferrín, Xosé Neira Vilas, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé
Queizán, Xavier Rodríguez Baixeras, Suso de Toro.
Poetízate. Antoloxía da poesía galega: Outros/as autores/as: Fran Alonso, María
Lado, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, F. Antía Otero Rodríguez, Chus
Pato, Antón Reixa.
Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996): Outros/as autores/as: Xavier
Alcalá, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Xoán Bernárdez
Vilar, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, Francisco X.
Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Camilo Gonsar, Bernardino Graña, Bieito
Iglesias, Santiago Jaureguizar, Marilar Aleixandre, Paco Martín, Xosé Manuel
Martínez Oca, Carlos Mella, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Xosé Neira
Vilas, Xabier P. Docampo, María Xosé Queizán, Manoel Riveiro Loureiro, Xavier
Rodríguez Baixeras, Euloxio R. Ruibal, Suso de Toro.
V Festival da Poesia no Condado: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez
Cáccamo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles
Penas, Henrique Rabuñal, Xavier Rodríguez Baixeras, Vítor Vaqueiro, Xosé Vázquez
Pintor.
XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer...: Outros/as autores/as:
Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo.
Audiovisual
O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o
pregón que o autor recitou e cantou na compaña dos Diplomáticos de Monte Alto o
4 de setembro de 1998, comercializado xunto ca obra Toxos e Flores.
La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN
8420494119.
Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e
realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
Participación en Hay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento do Prestige.
(2004).
Participación en Hai que botalos na curtametraxe chamada Punto final. (2005).
Premios xornalísticos
Premio de Xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002
Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de
responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no
mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testimonio como xornalista
e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade
como testigo comprometido fronte á realidade.
Premios literarios
Premio de Poesía Nova de O Facho 1979
Premio Leliadoura 1989
Premio Torrente Ballester de Narrativa 1995
Premio Nacional de Narrativa 1996
Premio da Crítica Española 1989, 1998 e 2006
Premio da Crítica de Galicia 1994 e 2007
Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 1998
Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1998
Premio ONCE - Galicia á Solidariedade
Premio 50 Aniversario da sección belga de Amnistía Internacional 2001
Premio Cálamo Extraordinario 2006: Por cultivar todos os xéneros de xeito
brillante segundo o Xurado do Premio e por ser un exemplo de responsabilidade e
compromiso social.
VII Premio Libro del Año 2006
Premios da Asociación Galega de Editores á mellor obra e ao mellor autor 2006:
Premio Ánxel Casal e Premio Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do
ano) 2006
Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007
III Premio Xarmenta 2007 á promoción da lingua galega no Bierzo.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Rivas