15- Ramiro Fonte

28/04/09

Ramiro Fonte Crespo

El poeta, narrador y ensayista Ramiro Fonte nació en Pontedeume (A Coruña) en 1957.

Fonte se dio a conocecer como poeta en el grupo "Cravo Fondo" a finales de los años setenta y en 1983 publicó su primer libro As cidades da nada, al que siguen, con posterioridad, Designium (1984), Pensar na tempestade (1986), Pasa un segredo (1988), Adeus Norte (1991), Luz do mediodía (1995), O cazador de libros (1997), Mínima Moralidade (1998) y Capitán Inverno (1999).

Poemas suyos han sido traducidos al catalán, italiano, francés, inglés y ruso y, en castellano, han sido publicadas las versiones de Pasa un secreto, Adios Norte y Luz de mediodía.Hasta la fecha han aparecido dos antologías de su obra poética: Escolma poética (1991) y Ámbito dos pasos (1996) y sus poemas están presentes en numerosas antologías de poesía gallega y peninsular.

Como narrador ha publicado Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990) y la novela Os leopardos da lúa (1993).

Ha trabajado en el terreno del ensayo y de la investigación literaria y publicó un libro sobre la poesía del siglo XX, As bandeiras do corsario (1995). Asimismo ejerce la crítica en diversas revistas literarias y en la prensa diaria. Fonte ha sido galardonado con los premios de la Crítica de Galicia, Crítica Española, Losada Diéguez, Esquío, Miguel González Garcés e Irmandade do Libro, y es miembro correspondiente de la Real Academia Galega. Profesor de "Lingua y Literatura Galegas" en un instituto de educación secundaria, actualmente está destinado como profesor de gallego en el Colegio V. Cañada Blanch de Londres. Tiene en marcha el libro de poemas Os traballos en Elsinore y una novela titulada A metade da sorte.
Ramiro Fonte Crespo morreu en Barcelona o 11 de outubro de 2008 aos 51 años víctima do cancro.

 

Fte.: © Consejería de Educación y Ciencia. Londres.


XA O CONSEGUICHES

Xa o conseguiches. Ó cabo es
O estranxeiro de tódalas cidades,
E non é porque molles a mirada
Nesta luz melancólica que outono
Esparexe nas rúas con serena abondanza,
Non porque esteas só, porque adiviñes
Esa mala compaña de certas soidades
Que veñen requerirte nos cafés
Mentres cismas, remoes ou esperas por nada.

Hai meses que partiches do teu mar.
Un estraño país que non coincide
Co que era teu, con ese que soñabas
Segue a medrar en ti como se fose
A sombra dunha árbore
Xenerosa pero tamén terrible;
A sombra dun antigo pai desenganado
Que nos propón a nosa perdición.

Vai canda ti, durmido,
O seu inmóbil sangue latexa nas túas veas;
Hai algo de vento gris que procede de alá
E buscas, co inseguro aceno dos errantes,
Unha porción de ceo sen altura
E soñas máis ó norte, máis ó norte
Coma se o norte fose algunha terra
E non algo que alcanza inutilmente
A túa invocación.

Xa o conseguiches. Achegas
A mascara do tedio contra a face,
Arríncaslle un sorriso de saudade a esta hora,
E tes a fala escura, definitivamente
Afastada de todo. Pero entón remanece
Coma unha fontela solitaria.

(de "Adeus Norte", 1991)


ESTRELA MORTA

Sei que non foi amor e, sen embargo, abriches
Amarga flor carnívora de noites os meus labios,
Deixándome beberte na túa sede escura,
Facéndome afogar no teu mar dos enganos.

O prestixio da estrela máis fermosa e maldita
Acendías no ceo ruín das madrugadas,
Nos calendarios grises nos que se abeira o inverno,
E era doce buscarte polas rúas estrañas.

Sei que non foi amor o que ti me ofrecías,
Pero amaba o perigo das estrelas na noite,
Que brillan nun instante e caen case sempre
No baleiro, na nada, nas distancias, nos lonxes.

Eu xoguei o que tiña para poder amarte,
A bandeira romántica; na brétema os meus pasos,
Sabendo que perdía meu corazón por terte,
E alleo vagaría, sen goberno nos anos.

Pisei a clandestina xeada desas horas
Nas que morre o desexo. Pero entón xa levaba
A mancha dos teus bicos impregnando os meus beizos,
E cría que eran certas as palabras douradas.

Franqueárasme a porta do teu longo desvelo,
Desa paixón sen nomes, precipitada, cega,
Abismos do teu corpo sobre min derrubaras,
E unha torre danada nas miñas horas lentas.

Caeron as camelias, no chan, apodrecidas,
Marcharon, invisibles, murchas flores no aire:
Veu un vento de marzo para queimarnos xoves
Coas causas inocentes, cos ollos lostregantes.

Pasou a vida longa, como pasan os ríos.
As princesas do mal extinguíronse todas:
A cidade borrounas do libro da lembranza,
O teu nome está escrito naquelas follas mortas.

Pero canto daría outra vez por mentirme,
Cantos dos meus infernos baixaría a buscarte,
Cantas albas desperto -ameazada lúa-
E que extensión de sombras e de luceiros fráxiles

Pasaría por verte, outra vez, e mirarte.
Coller estrelas mortas na nosa man non doe,
Se aquelas non feriran coa súa luz tantas noites.

(de "Luz do mediodía", 1995)


ANTES QUE TI FOSES VIAXEIRO

Cando veñas ó norte, non preguntes
Por unha casa vella;
Pola sombra de seu, nas calexas deitada
Como se deita o inverno
Con derrotados meses sobre o mundo e as choivas.

Cando veñas ó norte, vello amigo,
Non preguntes ás brétemas que furtan
Os segredos das cousas;
Non interrogues fondas baixamares
-E menos nun agosto de altas lúas-,
Nin os bosques de antano,
Onde soñan as faias e as carballeiras nobres.

Hai unha casa branca. Agardareite
Aireando os seus cuartos,
Abrindo as contras, para que a luz reciba
Aquilo que foi meu;
Ordenando papeis dos meus esquezos,
Libros daquela, versos
Por rematar aínda,
Escuros calendarios que escribiron
Anos mozos e nomes de rapazas.

E esta canción que é túa, e escribín para ti,
Antes que ti foses viaxeiro,
Moito antes quizais
De que tiveses sede, e decidises
Partir, soñar, ama-lo corazón
Destas palabras poucas.

Cando chegues ó norte, non preguntes.
Dirache o teu desexo que eu estaba agardando.

(de "Pasa un segredo", 1988)

Fonte: "Servidor do Q do mundo"


TRES POEMAS LIBERAIS (Inéditos, para O cazador de libros)

VIDA BOHEMIA

Garitos da cidade, despertos na ribeira,
Lunáticas tabernas nas que ninguén entraba,
Hoxe vides a min, que xa non trasnoitaba:
Divorcieime da noite, traidora compañeira.
Náufragos camarotes dunha nave estranxeira
Que do esquezo ó fracaso, sen razón, navegaba:
Comprendo en vós as linguas que o corsario falaba,
E xuro que obedezo a unha negra bandeira.
Hoxe regreso á noite, de desexo ferido:
Levo no peto o mapa do seu falso tesouro.
Hoxe son outra vez o mariño perdido,
Que cegou os seus ollos nun tráxico universo,
Pero debo embarcarme. Xa gastei todo o ouro
Das mortas madrugadas nos meus mellores versos.

Tiña tódolos signos da sutil cortesana:
Cun telón de teatro ocultaba o pasado,
De certo personaxe de ópera italiana
Tomara o nome falso, chinés e delicado.

Era flor oriental naquel invernadoiro
Cos cristais escachados da irreal Compostela:
Algún día eran negros; outra noite eran loiros
Os cabelos, tinxidos da color dunha estrela.

E tiña dous canciños ó pé dun alto leito
Como as donas no mármore dun sartego durmidas:
Invadir esa estancia non che daba dereito
A esgazar o veludo de sombras da súa vida.

Arrastraba tras súa unha alegre paisaxe,
Como se dunha praia por Fitzgerald descrita
Procedese, por iso lembraban os seus traxes
Os ledos anos vinte, nuns anos de desdita.

Pero quizais copiara a estudiada fasquía
Do mestre Billy Wilder e daquel film Fedora
Que nas sombras do Yago acenderan un día
As luces de Corfú, onde ela quizais mora.

Deusa estraña entre as vidas militantes, revoltas,
Enigmática sempre para ser máis fermosa,
Nuncha achegou os dedos á chama das revoltas
Perdidas, que acendía a mocidade nosa.

¿Que facía entre nós? Ninguén puido sabelo
Porque as guerras menores non precisan de espías
Que poidan revirar cos seus segredos belos
Camiños que xa van ás mortas rebeldías.

Débolle dar as gracias por certa madrugada
Na que foi rescatarme, sabéndome ferido
De lúas a un garito e, sen agardar nada,
No seu altivo leito deitoume, protexido.
Xa sei que non me amaba: ¿foi aquilo piedade?
¿Quixo ser salvadora dun perdido poeta
A quen foi arrincar do inferno da cidade
Para deixalo ver un dourado planeta?

¿Foi aquilo verdade?; ¿foi aquilo mentira?
Sucedeu case nada na fronteira da alba:
Sucedeu case todo porque eu nunca sentira
O tépedo acubillo de semellantes sabas.

¿Foi verdade esa noite? Xa sei que o negaría
Se ela comparecese no tribunal do esquezo,
Neste mesmo poema. Con elegancia fría,
Se cadra evitaría danarme cun desprezo.

Hoxe repaso as follas dun perpetuo lunario,
E entre a lúa de marzo e unha lúa de abril,
Síntome raro, louco e un pouco estrafalario,
Cego de amor por esa cortesana sutil.

Pero agora un poeta experto e resabido,
Que con músicas claras rima escuros amores,
Debe ocultar un nome de abondo coñecido,
Cumprindo as leis de amor dos vellos trobadores,

Sospeitando que a carta que lle envía á ribeira
Distante da súa vida, despois de tantos anos,
Morrerá como un río nunha terra estranxeira
Como na lucidez morren lindos arcanos.

Mais como o mar ignoran, cando nacen, as fontes,
Se cadra, neste instante poden ser as mans dela
As que, ó pasar as follas, vexan noites de onte,
E nos trémulos ceos recoñeza a súa estrela.


CASA DE FADOS

A esta casa de fados de Lisboa
Viñemos escoitar negras fadistas:
Somos tres e, con nós, Carlos Oroza,
Capitán desta noite, xa perdida.

Bairro Alto de sombras. As guitarras
E as violas mestúranse coa choiva,
Que azouta estas paredes descascadas,
E un lóstrego ilumina as pobres sombras.

Atrás deixamos rúas que, na Baixa,
Cruzan os seus destinos ilustrados:
¿Quen nos xulgou nas liñas cartesianas
A perfección dos metros do Cesário?

¿E quen non viu cruzar, dunha a outra esquina,
Bébedo de saudade, ó gris Pessoa
Se as portas e as ventás lembran as vidas
Que el creou con palabras e con sombras?

En Lisboa buscamos os poetas
Ós nosos necesarios precursores:
Nestes ceos modernos son estrelas
Que escintilan, despois da súa morte,

E son ecos de pasos nesas rúas,
Son rostros nos espellos dun café,
Convalecientes son de raras lúas
Que atoparon acaso a lucidez.
Pero o fado ten patria nesas vielas
Íntimas, populares, empinadas,
Que eu xa coñezo, incluso antes de velas,
Porque por elas subo á miña infancia.
E algo bo nos aprende esta fadista,
Que esgaza a súa voz nos tristes fados:
Non pode haber canción sen que a desdita
Finxida leve os ritmos gobernados.

Así a casa de fados é un poema:
Nel deberá escoitarse a nosa voz,
Para cantalo ben a intelixencia
Irá ó compás do noso corazón;

Escenario do drama, nel hai zonas
Quentes e zonas frías: as súas marxes
Fan fronteira con sombras perigosas
Que cruzan clandestinos personaxes.

A fadista, con tráxica elegancia,
Sen perder da nostalxia o estraño rumbo,
Entra no río escuro das guitarras,
Ponse no centro triste deste mundo.

Cántanos que se deita coas súas penas,
Cóntanos que, coas penas, se levanta,
Cántanos, coa máis sabia das tristezas,
Que se deixa matar por unha lágrima.

Dá de beber ás nosas soidades,
E pescuda nas sombras dun recanto
Con olladas de esguello, porque sabe
Que alí hai sempre un mariño embarrancado.

Oroza abre os seus ollos de poeta.
A fadista calou. E chove fóra.
Trisca a choiva nas rúas xa desertas.
Mañá nós partiremos de Lisboa.


Fte.: © Consejería de Educación y Ciencia. Londres.