04- Eduardo Pondal  (Dias das Letras Galegas - 1965)

27/04/09

Eduardo González-Pondal Abente

Naceu na Ponteceso, fillo dun rico emigrante. Fixo en Compostela a carreira de medicina, que apenas exerceu. Era aínda estudante cando se deu a coñecer como poeta cun vibrante brinde (pronunciado en unión de Aurelio Aguirre, no Banquete de Conxo, 1856), que estivo a punto de lle costa-lo desterro.

Retirado á sua casa petrucial, adicouse por enteiro á poesía, publicando "Rumores de los pinos" (1877), obra bilingüe na que xa se anunciaba como un varil cantor da vella raza, creador dunha épica-lírica celtista, sen precedentes no galego, que lle valeu o dictado de "bardo". E "Queixumes dos pinos" (1886) -libro no que figura a poesía "Os pinos", adaptadas as catro primeiras estrofas como himno galego, coa música que pra el escribíu Pascual Veiga-, o seu libro por antonomasia. Daquela xa saíran "Follas novas" e "Aires da miña terra" (ámbolos dous de 1880), dos dous poetas, Rosalía e Curros, que forman con Pondal a xa tópica triloxía máxima do Rexurdimento.

Na Cruña foi sonada a "Cova céltica" na que Pondal e Murguía alternaban coa intelectualidade rexionalista.

Morreu Pondal nesta cidade, solteiro, ós oitenta edous anos.


HIMNO GALEGO

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán